ÚLTIMAS NOVAS
- XI FEIRA DA ILLA
Maio 19, 2015
O vindeiro domingo 31 de maio terá lugar a décimo primeira Feira da Il...
- MEIRA E TIRÁN COMEZAN A POSTA A PUNTO
Maio 13, 2015
Samertolameu e Tirán prepáranse xa a conciencia para a Liga ACT, na qu...

Tempada 1982
Un ano marcado pola construcción do actual Clube de Remo que tantos deportistas de élite se adestraron nas súas instalacións.
Neste ano SD Samertolameu acadou un 5º Posto no XXXV Campionato de España de Traiñas que se celebrou en Portugalete no País Vasco, pero iso soamente sería o comezo de seu gran palmarés en tódalas categorías.
Tempada 1985
Xa no ano 1985, SD Samertolameu, xa se deixaba ver polos primeiros postos das competicións, e ese mesmo ano acadaría o 3º posto no XXXVIII Campionato de España de Traiñas que se celebrou en Moaña.
Foi neste ano, tamén, cando conseguiría a primeira das 5 Bandeiras Principe de Asturias que conquistaría ao longo da historia do clube
Tempada 2013
Este ano SD Samertolameu, non conseguiria podium no LXVI Campionato de España de Traiñas, pero non por iso foi un mal ano, pois o seu palmarés quedaría con 12 victorias, seis 2º postos y un 3º, entre os que destacan: XXX Bandeira Concello de O Grove, X Bandeira Cidade de Ferrol, XIX Bandeira Concello de Vilagarcía, Bandeira Teresa Herrera e XXIII Bandeira Concello de Moaña, entre outras, nas que acadaría o 1º posto.
Tempada 2015
Cabe destacar este ano, pois SD Samertolameu acadaría unha plaza na Liga ACT San Miguel despóis de un ano 2014 espléndido no que o seu palmarés quedaría con 16 victorias, sete 2º postos e dous 3º tanto na liga LGT- A como en regatas non puntuables. No que levamos de ano o seu palmarés é de tres 2º postos: Contra-reloj en Tirán, XIII Regata contrareloj Cabo da Cruz e X Memorial Don Francisco Alonso Loureiro (Paco Fenosa).
