SD SAMERTOLAMEU

Sociedad Deportiva Samertolameu

HISTORIA DA S.D. SAMERTOLAMEU

Antecedentes

A tradición do remo en Meira remontase moitos anos atrás. Nos anos 30, o R.C.Nautico de Vigo organizaba a Bandeira da República, e foi en 1933 cando a tripulación de Meira conseguíu esa bandeira e recibíu 500 pesetas de premio.

A embarcación de Meira volveu gañar a última Bandeira da República en 1935, xa que despois co golpe de estado e a dictadura non se realizaron máis.

Estas bandeiras foron donadas ao actual club de remo de Meira, a S.D. Samertolameu, polo que fora o patrón daquela traiñeira José González.

Foi en 1952, cando unha tripulación combinada con remeiros de Meira e Tirán gañan a primeira Copa do Generalísimo.

En 1960 Meira consegue un triunfo histórico, o Campeonato de España.

1979 nace la S.D. Samertolameu

As inquietudes e afición polo deporte en xeral, e o remo en particular, en Meira, leva a aglutinar a persoas arredor dun proxecto de constituir un club e competir dentro das federacións. O fútbol, o atletismo e o remos eran os disciplinas deportivas do club. No caso do equipo de fútbol desaparece no ano 1983 e a sección de atletismo independizase no ano 1998, co acordo de manter o nome do club.

1981 – 1995 quince años en la cumbre

Nos anos que van do 1981 ao 1995, a Sociedade Deportiva Samertolameu situase no máis alto do remo galego. Nestes quince anos participou e conseguiu infinidade de victorias na maioría das competicións.

O primeiro gran triunfo pode considerarse o IV Trofeo Conde de FENOSA, disputado entre os días 21 e 22 de agosto de 1982.

A partir do ano 1992 comenza unha nova etapa na organización do club, sobre todo no aspecto técnico, onde se incorpora como responsable José Manuel Francisco, un remeiro do club e licenciado do INEF. Os seus colaboradores para as categorías inferiores foron Rogelio Bermúdez (o roxo) e Francisco J. Bermúdez (chuco).

Ese ano conseguíronse 20 bandeiras para as vitrinas do club entre todas as embarcacións e categorías.

No ano 1993, co mesmo equipo técnico e un traballo moi ben planificado, volven a conseguirse moitos triunfos, 19 bandeiras. Ademáis dase un salto cuantitativo e cualitativo á participación no banco móbil e incorporase o equipo femenino.

Nesa etapa considerase a tempada 1994 como a mellor en canto a resultados. Dos 9 títulos nacionáis posibles en banco fixo, gañaronse 5 e en 2 conseguíuse o subcampeonato. O colofón a este gran ano foi o 3º posto na mítica Regata da Concha.

 

Despois de 36 anos de historia, (1979 – 2015), a Sociedade Deportiva Samertolameu é un referente histórico no remo español.

Os equipos do club están presentes desde fai máis de 36 anos na máxima categoría da competición estatal cun brillante palmarés.

O club posúe unha ampla canteira de remo debido ao esforzado labor da súa escola deportiva. Actualmente ten en competición varios equipos desde alevín a Veteranos, masculinos e femininos.

sds1