SD SAMERTOLAMEU

Sociedad Deportiva Samertolameu

PRESENTACIÓN

Escudo
A Sociedade Deportiva Samertolameu é un referente histórico no remo español.
Os equipos do club están presentes desde fai máis de 36 anos na máxima categoría da competición estatal cun brillante palmarés.

O club posúe unha ampla canteira de remo debido ao esforzado labor da súa escola deportiva. Actualmente ten en competición varios equipos desde alevín a Veteranos, masculinos e femininos.

A Sociedade Deportiva Samertolameu de Meira – Moaña fundouse en 1979 como entidade deportiva aínda que no ano 1933 realizouse, organizada polo Real Club Náutico de Vigo, a primeira regata en Galicia na que tomaron parte as tripulacións de Chapela, Meira , Vigo, Baiona e Ríos. O triunfo correspondeu aos mariñeiros de Meira, patroneados por José González, gañando a bandeira da República, que a volverían a gañar no ano 1935.Ditas bandeiras (1933 e 1935) foron doadas polo patrón José González ao Club, así como a bandeira do Campionato de España de Traineras do ano 1960 ás vitrinas da Sociedade.

Ao comezo desta nova etapa, a afección acolleu este deporte e ao novo club con moito entusiasmo, converténdose así no referente principal de Galicia e un dos máis importantes da cornisa cantábrica.

Ao longo destes anos a SDS sempre participou en ligas de máxima categoría do remo español e é un dos clubs con máis títulos no seu palmarés. Foi o primeiro club galego en participar na regata da Concha e alcanzar un posto importante.

Máis aló dos títulos deportivos, o club se enorgullece do seu o labor formadora. Da súa canteira saíron importantes deportistas, adestradores que elevaron o remo a altas cotas.

sds1