Skip to main content
SD Samertolameu

Coidar o tamaño é coidar o futuro do marisqueo

Coidar o tamaño é coidar o futuro do marisqueo

A conservación dos recursos marisqueiros na Enseada de Meira

A Enseada de Meira, coas zonas marisqueiras da praia da Xunqueira e da praia de Meira, forma parte dun espazo no que o marisqueo e o coidado do medio mariño están estreitamente relacionados.

Unha explotación responsable dos recursos marisqueiros non consiste unicamente en controlar canto se extrae. Tamén é fundamental respectar os tamaños de captura e favorecer que as poboacións manteñan unha estrutura adecuada e capacidade de reprodución.

Por iso, nos plans de xestión marisqueira poden establecerse diferentes medidas e estratexias destinadas a compatibilizar o aproveitamento dos recursos coa súa conservación.

Entre elas atópanse:

  • O control dos tamaños das capturas.
  • A rotación das zonas de traballo.
  • O establecemento de vedas temporais.
  • A regulación do esforzo extractivo en función do estado dos bancos.
  • Os puntos de control de cotas e tamaños.
  • E, cando se considere necesario, o establecemento de tamaños mínimos de extracción superiores aos regulamentarios.

Estas actuacións permiten adaptar a actividade marisqueira ao estado dos recursos e contribuír a unha explotación máis responsable e sostible.

A documentación técnica dos plans de xestión establece precisamente entre as estratexias habituais os calendarios de extracción, a rotación de zonas, as vedas temporais, os controis de tamaños e cotas ou a redución do esforzo pesqueiro nos bancos con predominio de exemplares pequenos

Desde o Proxecto REMODARÍA, a SD Samertolameu apoia a difusión e sensibilización sobre as medidas de conservación recollidas nos plans de xestión marisqueira, contribuíndo a poñer en valor unha explotación responsable e sostible dos recursos da Enseada de Meira.

Cada exemplar conta. Respectar o recurso é contribuír a que as nosas rías continúen sendo espazos produtivos e cheos de vida.

Conservar hoxe é garantir o marisqueo de mañá.

Proxecto REMODARÍA | SD Samertolameu
ESCOLA DE REMO

Equipos base

Un dos principais valores da SDS é ser un referente na formación de remeiros e remeiras a nivel galego.

INICIACIÓN

Dirixida a nenos e nenas de 9 a 12 anos conta con máis de 200 participantes por tempada. A posta en marcha do programa “coñece o teu club”, na que os nosos técnicos visitan todos centros educativos de Educación Primaria do concello de Moaña. O seu principal propósito é iniciar á rapazada e familias na práctica do remo, cunha especial atención a formar en conducta e valores de futuro a través do noso deporte.

PERFECCIONAMIENTO

A partir dos 13 anos ata xuvenís, competindo en todas as categorías do remo galego e español. Nesta fase introdúcense todos os aspectos necesarios para a obtención do máximo nivel competitivo, sen perder de vista os valores como o esforzo, a solidariedade e a igualdade.

O NOSO OBXECTIVO É MANTER UN MÍNIMO DO 50 % DA TRIPULACIÓN CON DEPORTISTAS FORMADOS NA ESCOLA E NOS EQUIPOS BASE.

CURSOS DE REMO PARA MULLERES

Queres probar algo emocionante?

Convidámoste aos nosos cursos de remo para mulleres. Non importa se non tes vogado antes, as nosas instrutoras están aquí para guiarte en cada paso do camiño. Non deixes pasar esta oportunidade!

Dous meses de balde

Inscríbete agora e goza de dous meses sen custos.

Para todos os niveis

Sexas principiante ou teñas experiencia, eres benvida.

Beneficios

Mellora a túa condición física desenvolvendo unha nova habilidade ao aire libre en equipo.

Como unirte?

Cubrindo o formulario en liña.