
Carta aberta a: Patrocinadores, Colaboradores, Socios e Simpatizantes do club en xeral
Estimadas e estimados:
O remo é, ante todo, un deporte de equipo, dentro e fóra da auga. Cada bandeira izada, cada traiñeira botada e cada remeiro ou remeira que sobe por primeira vez a unha embarcación leva detrás o respaldo de persoas coma vós, sen o cal nada disto sería posible.
A tempada 2026 estivo chea de retos: adestramentos esixentes, desprazamentos longos e imprevistos que resolver case a diario, pero tamén de alegrías que compensan con fartura cada esforzo.
A vosa confianza e a vosa achega permitíronnos afrontar cada obstáculo sabendo que non estabamos sós, e celebrar cada logro coa certeza de que era, tamén, un pouco voso.
O voso papel transcende o club: toda Meira vive o remo como sinal de identidade, dende a Ría ata a escollera, e vós sodes parte activa desa historia.
Esta directiva quere transmitirvos o seu agradecemento sincero por seguirdes apostando por este proxecto. Confiamos en que compartades connosco o orgullo de formar parte del e en que as vindeiras tempadas sigan traendo motivos para celebrar, dentro e fóra da auga.
Que sigamos remando xuntos moitos anos máis.
Un afectuoso saúdo,
A Directiva, SD Samertolameu
A TEMPADA EN CIFRAS
Un resumo do que deu de si a tempada 2026, contando unicamente as medallas obtidas en campionatos provinciais, galegos e de España.

XESTIÓN ADMINISTRATIVA E ECONÓMICA
- XESTIÓN ADMINISTRATIVA E ECONÓMICA
A tempada 2026 supuxo un paso máis na modernización do club na súa xestión, co obxectivo de dotar os nosos deportistas das mellores condicións posibles para a práctica do deporte.
Esta aposta tradúcese tanto no ámbito material —con investimento en equipamento e embarcacións— como no humano: o coidado das instalacións, a seguridade nos desprazamentos, a calidade nos aloxamentos e a puntualidade no cumprimento dos compromisos adquiridos.
Entre os investimentos e adquisicións materiais da tempada 2026 destacan:
Embarcacións e reparacións
- Compra de 1 traiñeiriña nova.
- 4 embarcacións de Remo de Mar Swift Racing (2 individuais 1x, 1 dobre 2x e 1 catro 4x+).
- Reparación de 6 bateis, 1 traiñeiriña e un Skiff.
- Tratamento de obra viva da traiñeira.
- Funda protectora para traiñeira.

Remos e palamenta
- 2 xogos de remos de batel.
- 1 xogo de remos de traiñeira.
- 1 xogo de remos de traiñeiriña.
- 16 remos de competición Concept2 (para as embarcacións de Remo de Mar).
Tecnoloxía e adestramento
- 13 ergómetros.
- Cronómetros e conta-paladas Nielsen-Kellerman.
- Respirador Airofit e boquillas.
- Speed coach, encoders, dron e Cámara 360°.
Infraestrutura e loxística
Material vario para o ximnasio.
1 furgoneta.
1 carro de transporte para embarcacións.

MEIRA, SEDE DE GRANDES CITAS DO REMO GALEGO E NACIONAL
Un ano máis, Meira consolidouse como un referente organizativo dentro do remo galego e estatal. A SD Samertolameu foi organizadora dun total de once citas ao longo da tempada, co grandísimo esforzo que iso supón de loxística, xestión e tempo persoal de todos os que achegan na súa organización:
Marzo
- 14 de marzo: V Bandeira de Bateis Comunidade de Montes de Domaio.
- 21 de marzo: V Bandeira de Bateis Comunidade de Montes de Meira.
- 22 de marzo: III Final de Finais da Liga Galega de Bateis.
Maio
- 2 de maio: XL Bandeira de Traiñeiriñas, Concello de Moaña.
- 16 de maio: Campionato Galego de Traiñeiriñas (Xunta de Galicia).
- 30 de maio: 2ª edición da Regata de Veteranos.
- 30 de maio: VIII edición do Desafío Meira-Tirán, La Fe Seguros.
Xuño
- 13 e 14 de xuño: LXXIX Campionato de España de Traiñeiras (Gran fito da tempada).
Xullo
- 4 de xullo: XII Bandeira Illa do Samertolameu, Concello de Moaña.
Outubro
- 10 de outubro: 1ª edición da Regata de Beach Illa do Samertolameu.
Novembro
- 14 de novembro: Copa Galicia de Bateis, Trofeo ENCE.
Este gran número de regatas, ademais de xerar un impacto positivo na parroquia con afluencia de visitantes e competidores, reforza aínda máis a nosa intención de que os nosos remeiros remen na casa.

2. TEMPADA DEPORTIVA
Ao longo de toda a tempada desenvolvemos a nosa actividade deportiva, cunha presenza destacada en todas as competicións de bateis, traiñeiriñas e traiñeiras a nivel de liga, provincial, galego e nacional.
2.1 Remo-Ergómetro
A SD Samertolameu participou no Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Indoor, celebrado o 15 de febreiro de 2026 no Pavillón Municipal Agustín Mourís de Noia, con representación en varias categorías tanto en probas individuais como en equipos:
- 3º Individual Cadete Masculino.
- 6º (2 resultados): Individual Xuvenil Feminino e Equipos Cadete Masculino.
- 8º Equipos Cadete Feminino.
- 11º Equipos Cadete Feminino.
- 12º a 57º: 11 resultados individuais.

2.2 Tempada de Bateis
Participación con todas as categorías do club ao longo de toda a tempada, con resultados sobresaíntes nas catro grandes citas: Liga Galega de Bateis (Final de Finais), Campionato Provincial (Deputación de Pontevedra), Campionato Galego e Campionato de España.
III FINAL DE FINAIS – LIGA GALEGA DE BATEIS MEIRA-MOAÑA (22 DE MARZO DE 2026)
- 1º Alevín Masculino.
- 1º Infantil Feminino.
- 3º Infantil Masculino.
- 2º Sénior Masculino.
- 4º Xuvenil Masculino.
CAMPIONATO PROVINCIAL DE BATEIS – PONTEVEDRA (ETEA, VIGO, 28 E 29 DE MARZO DE 2026)
- 1º Alevín Masculino (Título provincial).
- 1º Infantil Feminino (Título provincial).
- 1º Sub-23 Masculino (Título provincial).
- 3º Alevín Feminino.
- 2º Infantil Masculino.
- 3º Cadete Masculino.
- 6º Cadete Feminino.
- 3º Xuvenil Feminino.
- 6º Xuvenil Masculino.
- 3º Absoluto Masculino.
- 6º Absoluto Feminino.
CAMPIONATO GALEGO DE BATEIS – A POBRA DO CARAMIÑAL (11 DE ABRIL DE 2026)
- 1º Alevín Masculino (Campións Galegos).
- 1º Sub-23 Masculino (Campións Galegos).
- 2º Infantil Feminino.
- 2º Infantil Masculino.
- 4º Cadete Masculino.
- 4º Sénior Masculino.
- 5º Xuvenil Feminino.
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BATEIS – LEGUTIANO (18 E 19 DE ABRIL DE 2026)
- 1º Alevín Masculino (Campións de España).
- 2º Sub-23 Masculino (Subcampións de España).
- 4º Infantil Feminino (en Final A).
- 7º Infantil Masculino (2º en Final B, con 5 equipos na Final A).
- Resumo: 4º club de España no medalleiro xeral, con 1 medalla de ouro e 1 de prata.

2.3 Tempada de Traiñeiriñas
A SD Samertolameu participou coas súas categorías en todas as regatas de Traiñeiriñas disputadas ao longo da tempada. No Campionato Galego de Traiñeiriñas, celebrado en Meira os días 16 e 17 de maio de 2026, acadou un destacado 2º posto en Cadete Feminino:
- 2º Cadete Feminino.
- 5º Xuvenil Masculino.
- 5º Absoluto Masculino.
2.4 Tempada de Remo Olímpico

A SD Samertolameu competiu nas dúas citas do Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Olímpico celebradas en Castrelo de Miño, con presenza en varias categorías:
CAMPIONATO GALEGO C-X-S23 (CADETE, XUVENIL E SUB-23) – 13 DE XUÑO DE 2026
- 3º Cadete Feminino 4x.
- 7º Cadete Feminino 2x.
CAMPIONATO GALEGO A-I-V (ALEVÍN, INFANTIL E VETERANOS) – 27 DE XUÑO DE 2026
- 1º Alevín Masculino 4x.
- 1º Infantil Masculino 8+.
- 3º Infantil Feminino 4x.
- 3º Veteranos 8+.

2.5 Tempada de Traiñeiras
TEMPADA DOS EQUIPOS SÉNIOR
Tradición, esforzo e resultados. O equipo sénior masculino remou de novo na quenda de honra durante toda a Liga Galega de Traiñeiras A (Trofeo Xunta de Galicia ’26), acadando un meritorio 3º posto na clasificación xeral, con 92 puntos, por detrás do CR Cabo da Cruz (campión, 109 puntos) e da SD Tirán-Pereira (93 puntos).
O equipo chegou á última regata da Liga ocupando a 2ª posición da clasificación xeral, posto que perdeu precisamente nesa última xornada, pechando finalmente a tempada na 3ª posición.

Clasificación Xeral da Liga Galega de Traiñeiras A 2026

Outras Citas Destacadas en Traiñeiras
- VIII DESAFÍO MEIRA-TIRÁN (30 de maio de 2026): 1º Sénior Masculino | 2º Sénior Feminino.
- BANDEIRA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (21 de xuño de 2026): 3º Bandeira Masculina | 4º Bandeira Feminina.



TEMPADA DO EQUIPO DE VETERANOS E VETERANAS
Equipo Masculino de Veteranos
- Regatas de Liga: 4 primeiros postos, 7 segundos postos, 1 terceiro posto, 1 quinto posto.
- Clasificación Xeral de Liga: 2º posto (130 puntos).
- Campionato Galego de Longa Distancia: 2º posto.
- Campionato Galego de Traiñeiras: 1º posto (Campións Galegos!).
- Campionato de España de Traiñeiras: 2º posto (Subcampións de España).

Equipo Feminino de Veteranas
- Regatas de Liga: 1 segundo posto, 1 terceiro posto, 6 cuartos postos, 7 quintos postos.
- Campionato Galego de Longa Distancia (19 de marzo): 5º posto.
- Clasificación Final da Liga de Veteranas 2026: 5º posto.
- Campionato Galego de Traiñeiras Veteranas (7 de xuño): 2º posto.
- Campionato Estatal de Traiñeiras Veteranas (13 de xuño): 3º posto (Medalla de bronce).

2.6 Tempada de Remo de Mar
O remo de mar é unha disciplina que a SD Samertolameu comezou a explorar esta tempada, e pola que o club aposta con forza de cara ao futuro.
Boa mostra desta aposta é a adquisición de catro embarcacións de competición da prestixiosa marca Swift Racing —dous skiffs individuais (1x), un dobre (2x) e un espectacular catro (4x)— equipadas con remos de competición Concept2.
Un investimento que sitúa o club na vangarda dunha modalidade chamada a vivir un momento histórico, xa que o remo de mar (Beach Sprints) debutará como disciplina olímpica nos Xogos de Os Ánxeles 2028.


