Skip to main content
SD Samertolameu

A nova traiñeira ilusiona!

A nova traiñeira ilusiona!

O Clube iniciou unha nova etapa coa posta en marcha da súa nova traiñeira. 

Nun acto con moita expectación, o barco recibiu a tradicional bendición antes de realizar a súa primeira viaxe polas augas.

Un día histórico para o club

Os remeiros seniors foron os primeiros en probar a nova traiñeira, facendo un primeiro contacto.  Este momento histórico marca un fito importante para o Clube, que espera que esta nova adquisición potencie os seus resultados nas vindeiras competicións.

#Eudaterca #SomosTercxs #TercxsDende1979 #Samertolameu #Meira

ESCOLA DE REMO

Equipos base

Un dos principais valores da SDS é ser un referente na formación de remeiros e remeiras a nivel galego.

INICIACIÓN

Dirixida a nenos e nenas de 9 a 12 anos conta con máis de 200 participantes por tempada. A posta en marcha do programa “coñece o teu club”, na que os nosos técnicos visitan todos centros educativos de Educación Primaria do concello de Moaña. O seu principal propósito é iniciar á rapazada e familias na práctica do remo, cunha especial atención a formar en conducta e valores de futuro a través do noso deporte.

PERFECCIONAMIENTO

A partir dos 13 anos ata xuvenís, competindo en todas as categorías do remo galego e español. Nesta fase introdúcense todos os aspectos necesarios para a obtención do máximo nivel competitivo, sen perder de vista os valores como o esforzo, a solidariedade e a igualdade.

O NOSO OBXECTIVO É MANTER UN MÍNIMO DO 50 % DA TRIPULACIÓN CON DEPORTISTAS FORMADOS NA ESCOLA E NOS EQUIPOS BASE.

CURSOS DE REMO PARA MULLERES

Queres probar algo emocionante?

Convidámoste aos nosos cursos de remo para mulleres. Non importa se non tes vogado antes, as nosas instrutoras están aquí para guiarte en cada paso do camiño. Non deixes pasar esta oportunidade!

Dous meses de balde

Inscríbete agora e goza de dous meses sen custos.

Para todos os niveis

Sexas principiante ou teñas experiencia, eres benvida.

Beneficios

Mellora a túa condición física desenvolvendo unha nova habilidade ao aire libre en equipo.

Como unirte?

Cubrindo o formulario en liña.