Skip to main content
SD Samertolameu

Aposta polo comercio local e conservación do medio

Aposta polo comercio local e conservación do medio

Consumo Responsable

1. Apoia ao comercio local:

  • Compra en tendas de barrio e mercados locais.
  • Procura artesanía e produtos elaborados na zona.

2. Utiliza produtos locais:

  • Opta por produtos alimentarios producidos preto da túa localidade.
  • Escolle produtos de tempada para asegurar a frescura e reducir o impacto ambiental.

3. Potencia o consumo de produtos mariños:

  • Consume peixe e marisco de pesca sustentable e controlada.
  • Infórmate sobre as mellores prácticas de pesca e apoia aos pescadores locais.

Iniciativas de Dinamización do Territorio

1. Organización de feiras e mercados locais:

  • Participa en eventos que promovan os produtos e servizos da contorna.
  • Colabora con produtores locais para impulsar a economía da zona.

2. Programas educativos:

  • Promoción de programas de concienciación sobre o consumo responsable nas escolas e comunidades.
  • Realización de talleres sobre a importancia da sostenibilidade e apoio ao comercio local.

3. Fomento do turismo sustentable:

  • Difundir as vantaxes de practicar un turismo que respecte o medio ambiente e a cultura local.
  • Colaboración con iniciativas que promovan o turismo de baixa pegada ecolóxica.

Redución da Pegada de Carbono

1. Transporte sostible:

  • Fomentar a utilización de medios de transporte que emitan menos CO2, como bicicletas ou transporte público.
  • Fomentar a compartición de coche para reducir o número de vehículos na estrada ou transporte colectivo nos desprazamentos.

2. Eficiencia enerxética no Clube:

  • Implementa medidas para aforrar enerxía, como o uso de aparatos eficientes.
  • Aposta pola enerxía renovable cando sexa posible.
  • Uso responsable das luces y duchas.

Conservación do Medio e dos Recursos

1. Redución de residuos:

  • Prácticar o reciclaxe e a compostaxe para minimizar os residuos.
  • Evitar o uso de plásticos dun só uso e optar por alternativas sostibles.

2. Protección dos ecosistemas mariños:

  • Participar en iniciativas de limpeza de praias e protección das zonas costeiras.
  • Apoiar proxectos que traballen na preservación da vida mariña.
  • Nos xerar lixo nos adestramentos e competicións.

Con estes consellos e iniciativas, non só se contribúe á dinamización do territorio e a economía local, senón que tamén se favorece a conservación do medio e a redución da pegada de carbono. Xuntos, podemos avanzar cara un futuro máis sostible e responsable, #SomosVerdes