Skip to main content
SD Samertolameu

Consellos medioambientais

Consellos medioambientais

Ecoloxía e deporte poden ir da man! 

Consellos en canto a prácticas medioambientais e de conservación:

Pautas de comportamento

  • Respecto ao ecosistema: Non deixar lixo nin escombros despois dos adestramentos ou competicións.
  • Uso de produtos biodegradables: Empreguemos xabóns e deterxentes biodegradables para limpar o equipamento e as instalacións.

Conservación do medio

  • Protección de áreas naturais: Evitemos adestrar en áreas con flora e fauna sensíbeis, e seguid sempre as normas de conservación locais.
  • Promoción de prácticas sostibles: Fomentemos o uso de botellas reutilizables e bolsas reciclábeis no Clube.

Medidas de reciclaxe

  • Clasificación de residuos: Instalación de puntos de reciclaxe nas instalacións para separar plásticos, vidro, papel e orgánicos.
  • Reutilización de materiais: Reutilización de equipos e materiais na medida do posíbel antes de descartalos.

Pautas nos adestramentos

No ximnasio:
  • Aforro enerxético: Troco progresivo hacia a iluminación LED e asegurarnos de apagar todos os equipos electrónicos cando non se estean usando.
  • Materiais eco-amigables: Optar por esterillas e outros equipos feitos de materiais reciclábeis ou sostíbeis.
No mar:
  • Impacto mínimo: Tentemos seguir rotas preestablecidas para minimizar o impacto sobre o medio mariño.
  • Sensibilización: Formación xs remeirxs sobre a importancia de protexer a fauna e flora mariña.
  • Conservación: Non xerar lixo, nin deixar residuos na contorna. 

Boas prácticas nos desprazamentos e competicións

Para garantir que os desprazamentos e competicións da SD Samertolameu sexan sustentábeis e respectuosos co medio ambiente, o obxectivos do Clube son:

Desprazamentos

  • Compartir vehículo: Fomentar o uso de coches compartidos e de transporte colectivo para reducir as emisións de CO₂.
  • Planificación de rutas: Optimizar as rutas para minimizar o tempo e a distancia percorrida, reducindo así o consumo de combustible.

Competicións

  • Eventos verdes: Promover competicións con organización respectuosa co medio, utilizando materiais reciclábeis, redución de plásticos de un só uso e instalación de puntos de reciclaxe.
  • Educación ambiental: Incluir normas sobre a conservación ambiental durante os eventos para sensibilizar a todos os participantes.

Boas prácticas durante os eventos

  • Redución de residuos: Evitar a xeración de residuos innecesarios, como folletos impresos, e optar por materiais dixitais.
  • Alimentación sostíbel: Proporcionar opcións de alimentación sostíbel, como produtos locais e orgánicos.
  • Compromiso dos participantes: Animar aos participantes e ao público a respectar e coidar o medio ambiente, recollendo o lixo.

Pequenos pasos poden ter un gran impacto no medio ambiente. Adiante co remo verde! #SomosVerdes