O Clube presenta, na Torre de Meira, oficialmente o equipo que defenderá as nosas cores na tempada 2025 da LGT. Un acto emotivo e cargado de simbolismo que reuniu a autoridades, socios e socias, afeccionadas e afeccionados e a savia nova das nosas categorías base, demostrando unha vez máis a unión e paixón que se vive polo remo en Meira.
A base do proxecto para a LGT 2025 é clara: apostar pola xente da casa. Dos 21 integrantes do equipo, a inmensa maioría son remeiros que creceron e se formaron nas nosas propias categorías inferiores. Unha filosofía que busca consolidar un proxecto a longo prazo e que reforza o sentido de pertenza.
Mantéñense nove remeiros da tempada anterior, achegando esa experiencia e coñecemento vital para a competición. A eles súmanse varios canteiráns recuperadas que volven vestir a nosa elástica, unha excelente noticia que demostra o atractivo do noso club. As cinco incorporacións de fóra chegan para sumar talento e complementar un equipo onde máis da metade dos remeiros teñen menos de 30 anos, garantindo unha enerxía e un futuro prometedor. Ademais, este proxecto vese reforzado coa chegada do noso novo adestrador, que aterra coa misión de potenciar o talento local e levar ao equipo ao máis alto.
Un aplauso especial dedicouse ás nosas categorías base, presentes no acto. Ver aos nosos mozos e mozas remeiros e remeiras aquí hoxe, coa ilusión nos seus ollos, é o mellor sinal de que o futuro do noso club está en boas mans. Eles e elas son a canteira, a savia nova, e o seu esforzo e dedicación son o espello no que se miran os maiores, garantindo a continuidade da tradición remeira en Meira.
O momento máis emotivo da mañán chegou co recoñecemento a unha figura icónica do noso club: José Luis Macey. Dende 1993, Macey remou no noso primeiro equipo, consolidándose como o terceiro remeiro máis lonxevo nun só club a nivel estatal. Os seus números son impresionantes: máis de 77 vitorias en regatas da LGT e a friolera de catro Ligas LGT no seu palmarés. Pero máis alá dos títulos, Macey é un símbolo de entrega, compromiso e amor inquebrantable polas nosas cores.
Co equipo xa presentado e o corazón cheo de esperanza, a SD Samertolameu mira con optimismo cara á tempada 2025. O camiño non será doado, pero co apoio da nosa afección e o compromiso deste equipo, loitaremos ata a última palada.
Un dos principais valores da SDS é ser un referente na formación de remeiros e remeiras a nivel galego.
Dirixida a nenos e nenas de 9 a 12 anos conta con máis de 200 participantes por tempada. A posta en marcha do programa “coñece o teu club”, na que os nosos técnicos visitan todos centros educativos de Educación Primaria do concello de Moaña. O seu principal propósito é iniciar á rapazada e familias na práctica do remo, cunha especial atención a formar en conducta e valores de futuro a través do noso deporte.
A partir dos 13 anos ata xuvenís, competindo en todas as categorías do remo galego e español. Nesta fase introdúcense todos os aspectos necesarios para a obtención do máximo nivel competitivo, sen perder de vista os valores como o esforzo, a solidariedade e a igualdade.
O NOSO OBXECTIVO É MANTER UN MÍNIMO DO 50 % DA TRIPULACIÓN CON DEPORTISTAS FORMADOS NA ESCOLA E NOS EQUIPOS BASE.
Convidámoste aos nosos cursos de remo para mulleres. Non importa se non tes vogado antes, as nosas instrutoras están aquí para guiarte en cada paso do camiño. Non deixes pasar esta oportunidade!
Inscríbete agora e goza de dous meses sen custos.
Sexas principiante ou teñas experiencia, eres benvida.
Mellora a túa condición física desenvolvendo unha nova habilidade ao aire libre en equipo.
Cubrindo o formulario en liña.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/o acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a certas características e funcións.