Skip to main content
SD Samertolameu

MEMORIA DA TEMPADA 2026

MEMORIA DA TEMPADA 2026

Carta aberta a: Patrocinadores, Colaboradores, Socios e Simpatizantes do club en xeral

Estimadas e estimados:

O remo é, ante todo, un deporte de equipo, dentro e fóra da auga. Cada bandeira izada, cada traiñeira botada e cada remeiro ou remeira que sobe por primeira vez a unha embarcación leva detrás o respaldo de persoas coma vós, sen o cal nada disto sería posible.

A tempada 2026 estivo chea de retos: adestramentos esixentes, desprazamentos longos e imprevistos que resolver case a diario, pero tamén de alegrías que compensan con fartura cada esforzo.

A vosa confianza e a vosa achega permitíronnos afrontar cada obstáculo sabendo que non estabamos sós, e celebrar cada logro coa certeza de que era, tamén, un pouco voso.

O voso papel transcende o club: toda Meira vive o remo como sinal de identidade, dende a Ría ata a escollera, e vós sodes parte activa desa historia.

Esta directiva quere transmitirvos o seu agradecemento sincero por seguirdes apostando por este proxecto. Confiamos en que compartades connosco o orgullo de formar parte del e en que as vindeiras tempadas sigan traendo motivos para celebrar, dentro e fóra da auga.

Que sigamos remando xuntos moitos anos máis.

Un afectuoso saúdo,
A Directiva, SD Samertolameu

A TEMPADA EN CIFRAS

Un resumo do que deu de si a tempada 2026, contando unicamente as medallas obtidas en campionatos provinciais, galegos e de España.

XESTIÓN ADMINISTRATIVA E ECONÓMICA

  1. XESTIÓN ADMINISTRATIVA E ECONÓMICA

A tempada 2026 supuxo un paso máis na modernización do club na súa xestión, co obxectivo de dotar os nosos deportistas das mellores condicións posibles para a práctica do deporte.

Esta aposta tradúcese tanto no ámbito material —con investimento en equipamento e embarcacións— como no humano: o coidado das instalacións, a seguridade nos desprazamentos, a calidade nos aloxamentos e a puntualidade no cumprimento dos compromisos adquiridos.

Entre os investimentos e adquisicións materiais da tempada 2026 destacan:

Embarcacións e reparacións

  • Compra de 1 traiñeiriña nova.
  • 4 embarcacións de Remo de Mar Swift Racing (2 individuais 1x, 1 dobre 2x e 1 catro 4x+).
  • Reparación de 6 bateis, 1 traiñeiriña e un Skiff.
  • Tratamento de obra viva da traiñeira.
  • Funda protectora para traiñeira.

Remos e palamenta

  • 2 xogos de remos de batel.
  • 1 xogo de remos de traiñeira.
  • 1 xogo de remos de traiñeiriña.
  • 16 remos de competición Concept2 (para as embarcacións de Remo de Mar).

Tecnoloxía e adestramento

  • 13 ergómetros.
  • Cronómetros e conta-paladas Nielsen-Kellerman.
  • Respirador Airofit e boquillas.
  • Speed coach, encoders, dron e Cámara 360°.

Infraestrutura e loxística

Material vario para o ximnasio.

1 furgoneta.

1 carro de transporte para embarcacións.

MEIRA, SEDE DE GRANDES CITAS DO REMO GALEGO E NACIONAL

Un ano máis, Meira consolidouse como un referente organizativo dentro do remo galego e estatal. A SD Samertolameu foi organizadora dun total de once citas ao longo da tempada, co grandísimo esforzo que iso supón de loxística, xestión e tempo persoal de todos os que achegan na súa organización:

Marzo

  • 14 de marzo: V Bandeira de Bateis Comunidade de Montes de Domaio.
  • 21 de marzo: V Bandeira de Bateis Comunidade de Montes de Meira.
  • 22 de marzo: III Final de Finais da Liga Galega de Bateis.

Maio

  • 2 de maio: XL Bandeira de Traiñeiriñas, Concello de Moaña.
  • 16 de maio: Campionato Galego de Traiñeiriñas (Xunta de Galicia).
  • 30 de maio: 2ª edición da Regata de Veteranos.
  • 30 de maio: VIII edición do Desafío Meira-Tirán, La Fe Seguros.

Xuño

  • 13 e 14 de xuño: LXXIX Campionato de España de Traiñeiras (Gran fito da tempada).

Xullo

  • 4 de xullo: XII Bandeira Illa do Samertolameu, Concello de Moaña.

Outubro

  • 10 de outubro: 1ª edición da Regata de Beach Illa do Samertolameu.

Novembro

  • 14 de novembro: Copa Galicia de Bateis, Trofeo ENCE.

Este gran número de regatas, ademais de xerar un impacto positivo na parroquia con afluencia de visitantes e competidores, reforza aínda máis a nosa intención de que os nosos remeiros remen na casa.

2. TEMPADA DEPORTIVA

Ao longo de toda a tempada desenvolvemos a nosa actividade deportiva, cunha presenza destacada en todas as competicións de bateis, traiñeiriñas e traiñeiras a nivel de liga, provincial, galego e nacional.

2.1 Remo-Ergómetro

A SD Samertolameu participou no Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Indoor, celebrado o 15 de febreiro de 2026 no Pavillón Municipal Agustín Mourís de Noia, con representación en varias categorías tanto en probas individuais como en equipos:

  • 3º Individual Cadete Masculino.
  • 6º (2 resultados): Individual Xuvenil Feminino e Equipos Cadete Masculino.
  • 8º Equipos Cadete Feminino.
  • 11º Equipos Cadete Feminino.
  • 12º a 57º: 11 resultados individuais.

2.2 Tempada de Bateis

Participación con todas as categorías do club ao longo de toda a tempada, con resultados sobresaíntes nas catro grandes citas: Liga Galega de Bateis (Final de Finais), Campionato Provincial (Deputación de Pontevedra), Campionato Galego e Campionato de España.

III FINAL DE FINAIS – LIGA GALEGA DE BATEIS MEIRA-MOAÑA (22 DE MARZO DE 2026)

  • 1º Alevín Masculino.
  • 1º Infantil Feminino.
  • 3º Infantil Masculino.
  • 2º Sénior Masculino.
  • 4º Xuvenil Masculino.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE BATEIS – PONTEVEDRA (ETEA, VIGO, 28 E 29 DE MARZO DE 2026)

  • 1º Alevín Masculino (Título provincial).
  • 1º Infantil Feminino (Título provincial).
  • 1º Sub-23 Masculino (Título provincial).
  • 3º Alevín Feminino.
  • 2º Infantil Masculino.
  • 3º Cadete Masculino.
  • 6º Cadete Feminino.
  • 3º Xuvenil Feminino.
  • 6º Xuvenil Masculino.
  • 3º Absoluto Masculino.
  • 6º Absoluto Feminino.

CAMPIONATO GALEGO DE BATEIS – A POBRA DO CARAMIÑAL (11 DE ABRIL DE 2026)

  • 1º Alevín Masculino (Campións Galegos).
  • 1º Sub-23 Masculino (Campións Galegos).
  • 2º Infantil Feminino.
  • 2º Infantil Masculino.
  • 4º Cadete Masculino.
  • 4º Sénior Masculino.
  • 5º Xuvenil Feminino.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BATEIS – LEGUTIANO (18 E 19 DE ABRIL DE 2026)

  • 1º Alevín Masculino (Campións de España).
  • 2º Sub-23 Masculino (Subcampións de España).
  • 4º Infantil Feminino (en Final A).
  • 7º Infantil Masculino (2º en Final B, con 5 equipos na Final A).
  • Resumo: 4º club de España no medalleiro xeral, con 1 medalla de ouro e 1 de prata.

2.3 Tempada de Traiñeiriñas

A SD Samertolameu participou coas súas categorías en todas as regatas de Traiñeiriñas disputadas ao longo da tempada. No Campionato Galego de Traiñeiriñas, celebrado en Meira os días 16 e 17 de maio de 2026, acadou un destacado 2º posto en Cadete Feminino:

  • 2º Cadete Feminino.
  • 5º Xuvenil Masculino.
  • 5º Absoluto Masculino.

2.4 Tempada de Remo Olímpico

A SD Samertolameu competiu nas dúas citas do Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Olímpico celebradas en Castrelo de Miño, con presenza en varias categorías:

CAMPIONATO GALEGO C-X-S23 (CADETE, XUVENIL E SUB-23) – 13 DE XUÑO DE 2026

  • 3º Cadete Feminino 4x.
  • 7º Cadete Feminino 2x.

CAMPIONATO GALEGO A-I-V (ALEVÍN, INFANTIL E VETERANOS) – 27 DE XUÑO DE 2026

  • 1º Alevín Masculino 4x.
  • 1º Infantil Masculino 8+.
  • 3º Infantil Feminino 4x.
  • 3º Veteranos 8+.

2.5 Tempada de Traiñeiras

TEMPADA DOS EQUIPOS SÉNIOR

Tradición, esforzo e resultados. O equipo sénior masculino remou de novo na quenda de honra durante toda a Liga Galega de Traiñeiras A (Trofeo Xunta de Galicia ’26), acadando un meritorio 3º posto na clasificación xeral, con 92 puntos, por detrás do CR Cabo da Cruz (campión, 109 puntos) e da SD Tirán-Pereira (93 puntos).

O equipo chegou á última regata da Liga ocupando a 2ª posición da clasificación xeral, posto que perdeu precisamente nesa última xornada, pechando finalmente a tempada na 3ª posición.

Clasificación Xeral da Liga Galega de Traiñeiras A 2026

Outras Citas Destacadas en Traiñeiras

  • VIII DESAFÍO MEIRA-TIRÁN (30 de maio de 2026): 1º Sénior Masculino | 2º Sénior Feminino.
  • BANDEIRA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (21 de xuño de 2026): 3º Bandeira Masculina | 4º Bandeira Feminina.

TEMPADA DO EQUIPO DE VETERANOS E VETERANAS

Equipo Masculino de Veteranos

  • Regatas de Liga: 4 primeiros postos, 7 segundos postos, 1 terceiro posto, 1 quinto posto.
  • Clasificación Xeral de Liga: 2º posto (130 puntos).
  • Campionato Galego de Longa Distancia: 2º posto.
  • Campionato Galego de Traiñeiras: 1º posto (Campións Galegos!).
  • Campionato de España de Traiñeiras: 2º posto (Subcampións de España).

Equipo Feminino de Veteranas

  • Regatas de Liga: 1 segundo posto, 1 terceiro posto, 6 cuartos postos, 7 quintos postos.
  • Campionato Galego de Longa Distancia (19 de marzo): 5º posto.
  • Clasificación Final da Liga de Veteranas 2026: 5º posto.
  • Campionato Galego de Traiñeiras Veteranas (7 de xuño): 2º posto.
  • Campionato Estatal de Traiñeiras Veteranas (13 de xuño): 3º posto (Medalla de bronce).

2.6 Tempada de Remo de Mar

O remo de mar é unha disciplina que a SD Samertolameu comezou a explorar esta tempada, e pola que o club aposta con forza de cara ao futuro.

Boa mostra desta aposta é a adquisición de catro embarcacións de competición da prestixiosa marca Swift Racing —dous skiffs individuais (1x), un dobre (2x) e un espectacular catro (4x)— equipadas con remos de competición Concept2.

Un investimento que sitúa o club na vangarda dunha modalidade chamada a vivir un momento histórico, xa que o remo de mar (Beach Sprints) debutará como disciplina olímpica nos Xogos de Os Ánxeles 2028.


ESCOLA DE REMO

Equipos base

Un dos principais valores da SDS é ser un referente na formación de remeiros e remeiras a nivel galego.

INICIACIÓN

Dirixida a nenos e nenas de 9 a 12 anos conta con máis de 200 participantes por tempada. A posta en marcha do programa “coñece o teu club”, na que os nosos técnicos visitan todos centros educativos de Educación Primaria do concello de Moaña. O seu principal propósito é iniciar á rapazada e familias na práctica do remo, cunha especial atención a formar en conducta e valores de futuro a través do noso deporte.

PERFECCIONAMIENTO

A partir dos 13 anos ata xuvenís, competindo en todas as categorías do remo galego e español. Nesta fase introdúcense todos os aspectos necesarios para a obtención do máximo nivel competitivo, sen perder de vista os valores como o esforzo, a solidariedade e a igualdade.

O NOSO OBXECTIVO É MANTER UN MÍNIMO DO 50 % DA TRIPULACIÓN CON DEPORTISTAS FORMADOS NA ESCOLA E NOS EQUIPOS BASE.

CURSOS DE REMO PARA MULLERES

Queres probar algo emocionante?

Convidámoste aos nosos cursos de remo para mulleres. Non importa se non tes vogado antes, as nosas instrutoras están aquí para guiarte en cada paso do camiño. Non deixes pasar esta oportunidade!

Dous meses de balde

Inscríbete agora e goza de dous meses sen custos.

Para todos os niveis

Sexas principiante ou teñas experiencia, eres benvida.

Beneficios

Mellora a túa condición física desenvolvendo unha nova habilidade ao aire libre en equipo.

Como unirte?

Cubrindo o formulario en liña.