Skip to main content
SD Samertolameu

Menos lixo no mar, máis futuro para os nosos bancos marisqueiros

Menos lixo no mar, máis futuro para os nosos bancos marisqueiros

Coidar a Enseada de Meira é coidar os seus recursos

A conservación dos bancos marisqueiros non depende unicamente da xestión das especies que se extraen. Coidar o espazo no que viven e medran estes recursos resulta tamén fundamental.

Na Enseada de Meira, e en zonas como a praia da Xunqueira e a praia de Meira, conservar a calidade ambiental do litoral contribúe ao mantemento dos seus valores naturais e dos recursos asociados ao marisqueo.

O control da presenza de lixo mariño é un dos aspectos que poden ser considerados dentro dos obxectivos ecolóxicos dos plans de xestión marisqueira.

Durante a actividade marisqueira e nos traballos de acondicionamento e seguimento dos bancos, poden realizarse actuacións destinadas á retirada dos residuos atopados e ao control da súa presenza.

Estas actuacións contribúen a:

  • Conservar o medio mariño.
  • Manter os bancos marisqueiros en mellores condicións.
  • Reducir a presenza de residuos no litoral.
  • Facilitar o seguimento da presenza de lixo mariño.
  • Fomentar a implicación das persoas vinculadas ao marisqueo na conservación do medio.

A documentación técnica sobre os plans de xestión contempla expresamente como obxectivo ecolóxico o control da presenza de lixo mariño e establece que a súa retirada durante a actividade extractiva e os traballos de acondicionamento pode formar parte das estratexias de actuación

Ademais, estas medidas poden complementarse con accións específicas de recollida cando o seguimento dos bancos así o aconselle. 

Porque o marisqueo non é só extracción.

É coñecemento do medio, aproveitamento responsable dos recursos e compromiso coa conservación do noso litoral.

Desde o Proxecto REMODARÍA, a SD Samertolameu apoia a divulgación das medidas de conservación dos bancos marisqueiros e a sensibilización sobre a importancia de manter limpo e coidado o medio mariño da Enseada de Meira, contribuíndo á protección dos seus recursos e do seu futuro.

Xestionar tamén é conservar. Coidar os bancos marisqueiros de hoxe é protexer os recursos de mañá.

Proxecto REMODARÍA | SD Samertolameu
ESCOLA DE REMO

Equipos base

Un dos principais valores da SDS é ser un referente na formación de remeiros e remeiras a nivel galego.

INICIACIÓN

Dirixida a nenos e nenas de 9 a 12 anos conta con máis de 200 participantes por tempada. A posta en marcha do programa “coñece o teu club”, na que os nosos técnicos visitan todos centros educativos de Educación Primaria do concello de Moaña. O seu principal propósito é iniciar á rapazada e familias na práctica do remo, cunha especial atención a formar en conducta e valores de futuro a través do noso deporte.

PERFECCIONAMIENTO

A partir dos 13 anos ata xuvenís, competindo en todas as categorías do remo galego e español. Nesta fase introdúcense todos os aspectos necesarios para a obtención do máximo nivel competitivo, sen perder de vista os valores como o esforzo, a solidariedade e a igualdade.

O NOSO OBXECTIVO É MANTER UN MÍNIMO DO 50 % DA TRIPULACIÓN CON DEPORTISTAS FORMADOS NA ESCOLA E NOS EQUIPOS BASE.

CURSOS DE REMO PARA MULLERES

Queres probar algo emocionante?

Convidámoste aos nosos cursos de remo para mulleres. Non importa se non tes vogado antes, as nosas instrutoras están aquí para guiarte en cada paso do camiño. Non deixes pasar esta oportunidade!

Dous meses de balde

Inscríbete agora e goza de dous meses sen custos.

Para todos os niveis

Sexas principiante ou teñas experiencia, eres benvida.

Beneficios

Mellora a túa condición física desenvolvendo unha nova habilidade ao aire libre en equipo.

Como unirte?

Cubrindo o formulario en liña.