Skip to main content
SD Samertolameu

Plan de igualdade

Plan de igualdade

DECÁLOGO

EQUIDADE NA PARTICIPACIÓN:

Garantir que tanto homes como mulleres teñan igualdade de oportunidades para participar en todas as actividades do Clube, incluíndo adestramentos, competicións e eventos sociais.

DESENVOLVEMENTO DO TALENTO:

Establecer programas específicos de desenvolvemento de mulleres e homes, promovendo a igualdade de oportunidades no acceso a adestradorxs, instalacións e recursos técnicos.

PREVENCIÓN DA DISCRIMINACIÓN E DO ACOSO:

Implementar políticas e protocolos claros para previr e abordar calquera forma de discriminación ou acoso por razón de xénero, garantindo un ambiente seguro e respectuoso para todxs.

REPRESENTACIÓN NA DIRECTIVA:

Fomentar a participación activa das mulleres nos roles directivos, incluíndo a directiva e os comités, para garantir unha representación igualitaria na toma de decisións do club.

COMUNICACIÓN INCLUSIVA:

Adoptar unha comunicación inclusiva que poña en valor os logros e contribucións dxs deportistas, independentemente do seu xénero, promovendo unha linguaxe non sexista e respectuosa.

FORMACIÓN EN IGUALDADE:

Ofrecer formación regular en materia de igualdade de xénero a todxs os membros do Clube, incluídos xs atletas, adestradorxs e directivxs, para concienciar e sensibilizar.

FLEXIBILIDADE E CONCILIACIÓN:

Implantar medidas que faciliten a conciliación entre a vida deportiva e a persoal, recoñecendo as necesidades, especialmente en aspectos como horarios e compromisos familiares.

FOMENTO DA DIVERSIDADE:

Celebrar e promover a diversidade en todas as súas formas, fomentando a participación de deportistas de diferentes idades, niveis de habilidade e orixes culturais.

ACCIÓNS AFIRMATIVAS:

Establecer cotas ou medidas específicas para garantir a participación igualitaria das mulleres en eventos, competicións e funcións de liderado, promovendo así unha representación equilibrada.

AVALIACIÓN E MELLORA CONTINUA:

Implantar mecanismos periódicos de avaliación e seguimento do plan de igualdade, adaptándoo segundo sexa necesario para abordar as novas necesidades e retos.

CURSOS DE REMO PARA MULLERES

Queres probar algo emocionante?

Convidámoste aos nosos cursos de remo para mulleres. Non importa se non tes vogado antes, as nosas instrutoras están aquí para guiarte en cada paso do camiño. Non deixes pasar esta oportunidade!

Dous meses de balde

Inscríbete agora e goza de dous meses sen custos.

Para todos os niveis

Sexas principiante ou teñas experiencia, eres benvida.

Beneficios

Mellora a túa condición física desenvolvendo unha nova habilidade ao aire libre en equipo.

Como unirte?

Cubrindo o formulario en liña.