Despois de moitos anos, a SD Samertolameu merca unha nova traiñeira para seguir medrando como Club.
A Sociedade Deportiva Samertolameu, emblema do remo en Galicia, anuncia con entusiasmo a adquisición dunha nova embarcación que reforzará a súa flota e apoiará aos seus equipos na procura de novos éxitos deportivos. Esta incorporación suliña a aposta do Club por impulsar a parte competitiva ao seu máximo nivel.
Esta adquisición supón un fito para a nosa entidade e reafirma o noso obxectivo de seguir sendo un referente no mundo do remo en banco fixo. «Queremos ofrecer a todas as persoas deportistas do noso club as mellores condicións para que poidan alcanzar o seu máximo potencial».
A compra desta traiñeira foi posible grazas ao proxecto iniciado pola anterior Xunta Directiva e rematado finalmente pola actual. O proxecto está financiado por axudas reguladas pola Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e da Acuicultura 2021-2027.
Con case 50 anos de historia, a SD Samertolameu segue sendo un referente do remo e un motor de desenvolvemento deportivo e social en Galicia. Este novo paso reafirma a súa visión de futuro e o seu afán de seguir acadando triunfos dentro e fóra da auga.
Un dos principais valores da SDS é ser un referente na formación de remeiros e remeiras a nivel galego.
Dirixida a nenos e nenas de 9 a 12 anos conta con máis de 200 participantes por tempada. A posta en marcha do programa “coñece o teu club”, na que os nosos técnicos visitan todos centros educativos de Educación Primaria do concello de Moaña. O seu principal propósito é iniciar á rapazada e familias na práctica do remo, cunha especial atención a formar en conducta e valores de futuro a través do noso deporte.
A partir dos 13 anos ata xuvenís, competindo en todas as categorías do remo galego e español. Nesta fase introdúcense todos os aspectos necesarios para a obtención do máximo nivel competitivo, sen perder de vista os valores como o esforzo, a solidariedade e a igualdade.
O NOSO OBXECTIVO É MANTER UN MÍNIMO DO 50 % DA TRIPULACIÓN CON DEPORTISTAS FORMADOS NA ESCOLA E NOS EQUIPOS BASE.
Convidámoste aos nosos cursos de remo para mulleres. Non importa se non tes vogado antes, as nosas instrutoras están aquí para guiarte en cada paso do camiño. Non deixes pasar esta oportunidade!
Inscríbete agora e goza de dous meses sen custos.
Sexas principiante ou teñas experiencia, eres benvida.
Mellora a túa condición física desenvolvendo unha nova habilidade ao aire libre en equipo.
Cubrindo o formulario en liña.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/o acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a certas características e funcións.